top of page
  • Foto del escritorLeiras e Marcos

Entrevista a Ana de Molmeán: "Co meu traballo son libre coma un paxaro".

Actualizado: 23 sept 2020

O outro día Ana estuvo facendo unhas obras na casa. Chamou a un rapaz que se dedica a eso pre que lle botara unha mao, porque o traballo pre unha persona sola era muito. Mentras nos conta a historia, Ana mira cara o fondo do río Navia e sentencia: “A igualdá nace na casa”. Aquel chaval deulle a radial e non lle cuestionou si lle tocaba máis ou menos chuleta cá el á hora da comida; tratouna como lle ensiñaron na casa: sin distinciois por ser home ou muller.

Falamos con Ana Álvarez Fernández, ou Ana de Molmeán. O motivo: o V Encontro da Xente do Navia, que organiza a Asociación Ledicia, da cal ela é presidenta. A idea do encontro é que a xente do rural se sinta orgullosa e importante polo que fai; antes titulado Naviegos e achegados, o objetivo é confraternizar e compartir experiencias.



Ana, que é ganadera, colga hoxe a súa desbrozadora durante unha hora pre abrirnos as portas do feminismo e da dignidá nos montes dos Ancares.


Leiras e Marcos: Cóntanos algo máis sobre a Asociación Ledicia. Cándo naceu e qué busca?

Ana: Ledicia nace da ilusión no 2006 pre ter algo que fose das mulleres. Vas por ei a algún sitio e ves que os home se reunían en algo, anque fose na caza. As mulleres sempre foron despois de todo, primeiro o marido, despois os fillos...e elas quedaban nun punto de “¿E eu ahora qué?” A través de ledicia muitas mulleres sacaron o carné, trouxemos a teórica eiquí e despois as prácticas ibanas facendo...deso fai 12 anos. Ahora poden moverse e ir traballar. Ahora mismo está habendo actividades máis esporádicas e cursiños (cestería, manualidades, ocio, a saúde da muller ou risoterapia). Tamén rehabilitamos a Escuela de Barcia, que é o noso lugar de traballo. Tuvemos en Ledicia un puesto fijo de traballo desde o 2007 hasta ahora, que deixamos de ter axuda económica.


Leiras e Marcos: Que crees que aporta formar parte dunha asociación?

Ana: A muita xente Ledicia apórtalle vínculo. Tu mira hasta que punto é importante que as mulleres salgan un cachín e se reúnan... Un día, cóntolo a modo de anécdota...Un día un home díxome “Oiche ana, a ver cando fais outro curso pre que vaia a jefa, que despois está muito mellor!”. Fai unhos anos tuvemos un problema na asociación e non vexas como se volcaron as socias! Facendo cousas pre vender, buscaron xente que comprara... Entonces eso, oblígate máis a estar eí, oblígate a tirar do carro.



Leiras e Marcos: Saltamos ahora a un dos grandes temas deste tempo, “La España vaciada”. Tú que habitas o rural e que criaches eiquí as túas fillas, que razois lle darías a alguien pre vivir no medio rural?

Ana: Mira... nos estuvemos un tempo en Barcelona e hoxe sen que eu non cambiaría o meu traballo por ningún dos outros traballos que fai a xente. Porque me dá libertá, dáme identidá; son libre como un paxaro. Ademáis penso que criar eiquí os fillos é do mellor: corren polo pueblo, conviven... o i importante non é non ensuciarse, no, no. Hai muita xente que dice “Es que los niños de la ciudad socializan más”, bueno... Eso non quere decir que un neno do pueblo non se relacione ben. Criarte nun pueblo non te afea en nada. Ll´eso de ser dueño dos teus horarios? Organízaste como queres! A maioría dos días son mui gratificantes. E relaciónaste con quen queres, naide che vai facer bullying no traballo, podes innovar, podes desarrollarte como queiras.



Leiras e Marcos: Parece que hoxe en día as mulleres están levantando a voz e reclaman unha igualdá que lles pertenece por dreito. Qué pasa con esto, é máis difícil ser muller no rural? E qué opinas deso de que eiquí hai muitos traballos que son típicamente de homes?

Ana: Ser muller é algo máis difícil en todos os sitios pero non é máis no rural. Estás no rural e doiche muito a barriga un día e fais o máis preciso e non pasa nada. O que dicen é que os traballos son típicamente de homes pero os traballos non teñen género. Eu estuven desbrozando toda a tarde ca desbrozadora de mochila e non me pesa nada! Non facemos cousas porque non nolo planteamos... Un día taba arreando fardos pre unha persona e había que salir de cú co remolque polo camín. Pois dáme muita rabia cando algún home che dice “Pre ser unha muller, cómo conduces o trator co remolque!”. Pre ensalzarme e min denigra o género, e eso fai que me suba polas paredes.


Leiras e Marcos: Por ir cerrando... Tu pensas que está todo ben ou eiquí falta algo pre mellorar a calidá de vida?

Ana: Faltan servicios de cercanía. Si temos que levar un cativo ó pediatra, que non haxa que levalo a Lugo; si a xente se fai maior que sea cerca da súa casa. A partir das dez da noite xa non hai médico... E se o médico vai a Rao queda todo solo. E ca farmacia... pasa aínda peor. Eu pénsolo e a min eso non me acaba de entrar na cabeza. Outra cousa mui mui importante son as comunicaciois; si a xente pode traballar en remoto haberá que darlle o necesario pre facelo. Casi vexo máis fácil que veña xente de fóra que que a xente de eiquí se quede. Esto ten mui mala prensa, os vellos decíanche que había que irse “Eiquí quédase o que non vale pre nada”. Deixábanse deslumbrar polo turista que viña no vrao... tú andabas sucio de traballar e eles viñan co coche limpio de alquiler...pero non conocían o seu día a día na ciudá. Os concellos deberían facerlle fácil á persona instalarse eiquí.


Leiras e Marcos: Un tópico: Qué opinas da frase “No rural solo saben de vacas”?

Ana: Paréceme unha ignorancia absoluta. Sorprenderíase muita xente da ciudá do muito que sabemos. Daste cuenta da enorme ignorancia que tein elí, anque sea en detalles como mirar pro ceo e ver que vai chover. Vivir eiquí non te limita, aprende quen quere aprender, estea onde estea.


Leiras e Marcos: Xa pre acabar... Como se fai o caldo?

Ana: Con tempo e muito cariño!





Falar con Ana é unha ventana de aire fresquín. Déixanos claro que na montaña hai talento, hai ganas e hai perspectiva de género. Acabamos a entrevista decíndolle a Ana que xa a ocupamos bastante e que a deixamos acabar de desbrozar, e ela, risera, responde: “Acábolo de desbrozar que xa me vén a tormenta de Becerreá pr´a acó!”.

1848 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page