top of page
Foto del escritorLeiras e Marcos

Benditos carteiros!

Actualizado: 23 sept 2020

A eso das once ladraron os cais esta mañá na aira da casa. Levantou a abuela a vista dos nabos que estaba espurgando no fregadeiro e viu o coche do carteiro baixando cara a casa. Nós fai unhos anos que puxemos un buzón negro, ben bonito, por cierto. Puxémolo por si algún día non había naide na casa, porque éche muito o correo que se recibe para que o deixen encima dunha parede. O que pasa é que a abuela sigue salindo recoller as cartas así que o buzón está baleiro ata que volve o calor e a algunha avispa se lle ocurre ir facer o nido dentro del. Pois saliu a muller pero antes quitou a bata de cociñar (sí, sí, unha desas de cuadros de colores, ou de flores, según teña o día). Quitou tamén as gafas (que unha non envellece si os demáis non llo notan) e deixounas na mesa da cociña.



Saliu e xa estaba o carteiro co coche revolto e a ventanilla baixa.

- Buenos días, Consuelo!

- Ai buenos días oh! E eso que hoxe de buenos non che teñen muito. Mira esta mañá cando eu me levantén mirén así para riba da casa dos de Celeiro e estábache zarzado todo. Non sen si era neve ou xeada pero os outros por ei arriba no pueblo deberon sentir o frío tamén, que antes das dez xa fumeaban as chimeneas casi todas.

- Ai xa, eu véñolle de repartir arriba cara As Cruces e caía xa auga neve. Mire, ei lle vai a correspondencia de hoxe!

- Gracias oh. Ai chachín como che estamos, non fai máis que chegar propaganda. O súper, o súper. Pero lleu pre qué quero as ofertas do Gadis? Cando ein d´ir a el, a ver? Aínda si fosen as ofertas do rapaz ise que vén ca furgoneta os martes... Vaia chaval. Tu conócelo? Seguro que hasta o cruzache, lleso que non sen a ruta que leva. Mira traiche de todo. Nos collémoslle sempre os zancos de polo, sonche dos bois. Llo neto si está cóllelle tamén unha picha disas, sabes? Do que comen os chavales tanto, picsa lle deben chamar si. Eu son máis da empanada da casa pero aínda che está bastante boa...

- Bueno Consuelo, lévolle algo de prisa...

- Ai sí, fillo, sí. Lleu tamén que aínda teño que ir polos huevos ós neales e ver si amaño algo pro xantar, que me veñen comer casi todos, e téñoche que poñer unha pota pre cada un. Eu xa lles digo que remezo todo o día na cociña e non se vei nada feito, pero ter o caldo quente tamén che lles gusta...Non penses. Que claro tú comerás sempre de friu porque da hora que acabarás o reparto... Porque tenche gracia que che fagan ir aló enriba ás casas esas nas que xa non vive naide. Eínda o outro día, non che sen cando foi que e min ahora os días confúndenseme, trouxo o xenro o recibo da basura da casa do pai. Non che vive naide nela e calcáronlles os do concello dosmil pesetas! E ti che parece, onde iremos parar, esí non se pode vivir. Xa o dice a neta tamén que ahora trabállache por ei, que non se pode comer fóra que está todo polas nubes. E dígoche que eínda ben que eiquí pouco che compramos. De verdura todo do horto. De carne todo da casa. De fruta, vaia mazás que che houbo estiano. E si compramos o pescado llo leite ahora que vendemos as vacas... Llei che vai! Non sen, a fe non sen, como fan por ei nas ciudades pre vivir catro cun sueldo...

- Xa vei, Consuelo, xa vei...Coma aiquí non se lle vive noutro lado! Pasa que os que nos tiñamos que dar cuenta deso somos nós,...Bueno! Veña, marcho!

- Sí neno, sí, xa marchas ahora...pero e qué cuenta nos hemos de dar nós si toda a vida nos dixeron que o listo era o que marchaba, e ti che parece eso? Lle eiquí non se malvive, xa cho digo eu. E dígocho eu que a neta éme, bueno estudiou unha carreira desas pre axudarlles ós pequenos a aprender, sicóloga, sabes? Que eu xa lle digo: mira, tu no pueblo xa tiñas d´abondo! Pois estudiuche eso e a fe che estaba eu ben triste que pensein que se iba polo menos pre Madrí buscar traballo. Pois fíjate que atopou por eiquí e se cuadra antes que outra xente que vive en Barcelona. Que eilí téñoche o fillo e estánche ben pero está difícil que nas ciudades hai un ciento de cada cousa. Estámosche como queremos. Bueno neno que che teño muito que facer e entreteisme toda a mañá! Veña, vonme!

- ... mandacarallo. Bueno Consuelo, ala, vémonos!


E entrou a abuela e seguiu espurgando nos nabos. A correspondencia? Esa deixoua na nabeta da cociña que xa a mirarán os novos cando veñan. Ela si sale polo correo é por falar algo co carteiro que, pobre rapaz, anda todo o día solo e seguro que nin lle preguntan cómo lle vai.

692 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comentários


bottom of page