Nesta tarde de outono na que a neve aínda non marchou dos pueblos máis baixos sentámonos a falar cunha muller que se atreveu a emprender nos Ancares. Ela é Jimena Santalices Amigo, a propietaria das Cabanas de Ancares, un lugar que invita ó descanso e ó turismo nos nosos montes. Compártenos a súa visión do rural: aberta, dinámica e enchoupada de tradición.
“As cabanas levan mui pouquín recorrido, estamos desde o 2018. É un proxecto que empecei eu a nivel personal porque tiña unha vinculación mui fuerte ca zona; toda a miña familia materna viviu alí desde hai muitísimos anos. Sabemos que a nosa casa leva en Cabanas Antigas (mui pegadín a Degrada) desde o ano 1500. Meus abuelos tuveron alí o mesón Campa da Braña durante máis de corenta anos, de feito muita xente recórdaos porque miña abuela era a cociñeira e meu abuelo tiña un camión. Eu penso que herdei deles esas ganas de recibir xente alá! Fai unhos cinco anos rehabilitamos tres casiñas á vez e démolas de alta como alojamentos turísticos. E a verdá é que este era o soño de miña mai e de tanto falalo con ela acaboumo pegando a min!”
Escuitar a Jimena falar dos inicios do seu negocio é conectar co pasado da familia de cada un. É ben raro non conocer a algunha persona nova que non leve algún pueblín gardado no fondo da alma debido ós recuerdos da nenez pasados nel. Si algo fai aínda máis fuerte o vínculo desta muller cos seus orígenes foi a súa experiencia como emigrada en Australia. Ela relata que vivir ó outro lado do mundo foi o que lle fixo abrir os ollos pre contemplar os Ancares desde outra perspectiva. “Empecen a descubrir que alí a xente valoraba muito a vida na naturaleza, o traballo no campo, ter unha horta,... estar na nada. Deime conta de que eu podía ter eso mismo e que, ademáis, podía contagiarlle á xente esa maneira de vivir. Con honestidá eu tiña que contar o que é este tipo de vida e facerlle entender á xente o especial que é todo aquelo. Como nos alejamos tanto dos sitios apartados e pouco contaminados, cando volvemos a eles sentímonos hasta raros. De repente sínteste mui pequena, e eso é mui primitivo; nós viviamos así e é algo que seguimos levando dentro”.
Pero, ¿hai que emigrar pre darnos cuenta desto? ¿Canto lle pudo influir a Jimena terse criado nos Ancares? “Desde pequena pasén muito tempo alí, sobretodo cos meus abuelos, e a verdá é que me gustaba. Pero é curiso como cando teis algo mui presente deixas de sentilo especial. Cando me fun a miña mente non paraba de pensar en todo ese proyecto que me gustaría facer, pero eu necesitei alejarme pre entendelo.” Empezamos a empatar historias de emigrantes, historias de personas que casi se foron e se quedaron, momentos e ciudades que, definitivamente nos cambiaron. “Os gallegos somos emigrantes. Estando eiquí pensamos que fóra está o mellor e, cando marchamos, pasámonos a vida querendo volver. Debe ir no noso ADN!”
Dando unha volta polas publicaciois das Cabanas de Ancares (Mirade o precioso Instagram que teñen! https://www.instagram.com/cabanasancares/) vense muitos recuerdos das formas de vivir d´eiquí. “Temos un forno que ten trescentos anos, rehabilitámolo e, de feito, descubrimos unha fonte debaixo del. Cocemos o pan como se fixo sempre, facemos a empanada da zona,...”. Levar o nombre dos Ancares Lucenses ó mundo enteiro é un dos grandes objetivos do negocio pero, tal e como Jimena defende, esta debera ser unha tarea de todas as personas que vivimos na zona. “Penso que tanto nós como as entidades temos que darlle valor ó patrimonio que temos. Que tanta xente desconoza que existimos pon de manifesto que algo estamos facendo mal na comunicación”.
A toda esta realidá que esta muller vivira sumóuselle que a súa parexa atopou traballo en Lugo. Cando ambos se estableceron, ela, que se dedica tamén á comunicación, non atopaba algo que a atraese cen por cen laboralmente. Así que se lanzou, non sin antes facer un bon recopilatorio de cursos sobre emprendemento. O que ela demostra é que con muita ilusión, formación e ganas é posible emprender e innovar no noso territorio. “Nos Ancares temos algo mui importante e é que a xente, fóra de Lugo, non os conoce. Eu tuven xente de Nueva York, de Miami, de Holanda, de Inglaterra, de Francia,... e é xente que se queda apasionada de que esto exista en España. Nos Ancares temos autenticidá, temos un turismo que se pode potenciar sin perder a súa esencia. Hai muitas experiencias que surgen da espontaneidá dos veciños. Cóntoche unha anédota? No vrao subimos cunha parexa de Valencia a ver unhos becerriños que acababan de nacer e foi unha emoción enorme.”
Neste afán de compartir que Jimena defende tanto personal como laboralmente déixanos un consello pre todas aquelas personas que estén pensando en emprender eiquí. “Tes que conocer o teu propio proyecto, saber se teis ou non competencia, os puntos débiles e fuertes que ten... Facer algún curso tamén vén sempre ben. Pre emprender tamén hai que estar preparados pro fracaso porque, si non, á primeira de cambio desármaste.” Un dos pilares máis importantes que ela toca é o da busca de asesoramento. “Busca quen sepa e asesórate. Por ejemplo, eu cando empecén non sabía cómo tiña que tratar os datos dos huéspedes, ¿e quen mo dixo? A Guardia Civil de San Román. Tes que saber quen rodea o teu negocio e apoiarte na túa propia comunidá”.
Con esta frase, Jimena abre a caixa de Pandora relacionada con non emprender en soledá. En todos os sitios é importante estar conectado co entorno, pero nos lugares como os Ancares, máis. “Tú date cuenta de que na montaña escasean os recursos. Teis que conocer a túa comunidá e apoiarte nela. Un recurso? Os veciños. Os huéspedes emociónanse falando con eles. Muitas veces veñen contarme que falaron con tal ou cual veciña e que se emocionaron polas historias que lles cuntaron. Ademáis eu sempre fago recomendaciois da zona: visitar o castillo de Doiras, comer no Hotel Piornedo, na Cantina Mustallar e nos mesois da miña zona ou facer as rutas de senderismo que fai Lola en Piornedo.” En soledá non podemos abarcar todo o que a experiencia nos Ancares pode ofrecer. E esto non é solo importante pro turista que vén si non pra población que se contribúe a fijar ó traballar en rede. “Animo a todo o mundo a que emprenda. Penso que apoiándonos entre todos podemos facer cousas tan distintas e tan de calidá... Creando unha boa comunidá de xente nova que se apoie e que queira facer cousas poderiamos chegar ó que quixeramos. O potencial da zona chega tamén cando a xente nova volve a lugares como Cabanas Antigas; entre todos poderiamos reactivar un lugar que vai camín de baleirarse. Non podemos pretender todos irnos a zonas super pobladas e ter unha calidá de vida mediocre cando, en realidá, na montaña poderiamos vivir de maravilla.”
O feito de que as Cabanas de Ancares estén nun pueblo perdidiñas non é sinónimo de que sean un negocio apartado dos demáis. Falando con Jimena anotamos, subraiamos, e volvemos anotar a idea de crear calidá de vida pra xente que vive eiquí. Non podemos aguantar esas ganas de preguntarlle si ela viviría no lugar no que ten o seu negocio, en Cabanas Antigas, e sorprende a respuesta. “Sí, claro que viviría. Habendo unha red de apoio e comunidá? Por supuesto. Pre min sería, sin duda, unha opción perfecta.”
Acabamos a conversación ca xa pregunta típica de Leiras e Marcos sobre cómo se fai o caldo, ó que Jimena, riseira, responde: “Si che digo a verdá creo que non fixen un caldo na miña vida, pero o de miña abuela era o mellor do mundo!”
Traballar con emoción é a mellor maneira de reivindicar este lugarín noso. Desde Leiras e Marcos temos claro que habemos de perdernos (solas ou en compañía, eso está aínda por ver) polas Cabaniñas dos Ancares. Cunha anfitriona coma Jimena e ca conversa que ten xa nos tarda reservar! Vémonos por aló arriba?
コメント