top of page
  • Foto del escritorLeiras e Marcos

Ó carallo co wifi, ca fibra e ca freba

Actualizado: 23 sept 2020

Fai unhos días que se nos escangallou a televisión de pago. Pasar pasabamos ben sin ela pero a patrona da casa aficionouse ó Canal Viajar e disque ahora non adormece ben si non vei o Taj Majal ou cousas parecidas. Hai que deixala.

Aló fomos chamar á centralita da televisión de pago. Colleunos unha señora ben maja de Madrí, todo hai que decilo, a agradable non lle ganaba nin Dios. A rapaza intentou hasta mirar a antena desde alí: “Dele a resetear antena”, “No quite la tarjeta”, “Apague el terminal”. Esí nos tuvo media tarde. Ó final foi a boa da muller e de puro farta dixo que iba mandar un técnico, gastos a parte porque pre subir o puerto de montaña tíralle ben o camioneto. A antena si está podre ou algo deso tamén haberá que pagala, claro. Total que o arriendo das terras se nos vai en pagar pre acabar vendo sempre o Luar.

Pois esí pensando dixemos de preguntar noutra porque igual pasaba que nos estaban tratando de fatos ou cobrando de máis. Nunha xa nos dixeron directamente ó dicirlles que “eramos do medio rural” que “Lo sentían mucho pero entonces, salvo que cambiemos de dirección, no podremos tener televisión de pago”. Boeno, teremos logo que alquilar un pendello en Lugo pre ir ver as noticias. Pero o bonito, o máis bonito de todo veunos cando chamamos a outra. Compañía bien pero bien conocida, máis conocida co alcalde en eleciois. Algo así pasou:

- Hola buenas tardes mi nombre es Marisol, ¿en qué puedo ayudarle?

- Si...Hola, mira. Non me funciona o Digitalplus e quería cambiarme, e estaba vendo as opciois que hai...e a vosa parece bastante boa.

- Fenomenalfantástico, ¿es usted cliente de nuestra compañía?

- No, nada, xa che digo que eu son da outra e quero irme.

- Muy bien señorita y dígame usted entonces y en primer lugar, dígame cuál es su provincia.

- (Nos eiquí xa pre previr soltamos diante de todo o siguiente) Mira, eu vivo no medio rural... Non sein si eso o contemplades na oferta...

- ¡Por supuesto nuestra compañía tiene servicios en la mayor parte de la geografía española!

- Ajá. Bueno logo, dalle pre diante.

- Dígame entonces su provincia señorita si es tan amable y hace el favor.

- Lugo, eu son de Lugo.

- Muy bien señorita. Ahora indíqueme su pueblo.

- O meu pueblo é Cezures.

- ...

- Si?

- Sí señorita. Mire estoy metiendo su pueblo en el sistema. Por “Sentures” no me sale nada...

- No xa. Mira, eu vívoche en Cezures. “C” de chorizo, “E” de empanada, “Z” de zorza, “U” de unto, res. Vaiche ahora?

- Ah claro perdone señorita no lo estaba introduciendo bien. Genial señorita. ¡Pues ya lo tenemos! Su Localidad es S...Cezures, perdón.

- Efetivamente, ei mismo.

- Bueno pues ya nos queda solamente el último paso. Dígame usted señorita entonces en qué calle vive de Cezures.

- Qué calle de qué?

- La calle de su casa.

- Pero mira... en Cezures non che hai calles.

- ...

- Nena? Oi nena, colgache?

- No no... mire pero su calle,... ¿No hay una urbanización?

- Eh... mira pero en Cezures haiche cinco casas...¿por qué urbanización preguntas tú?

- ¿Cinco? .... Ah claro... claro... entiendo. Pues yo tengo que poner una calle para ver si tiene fibra de móvil...

- No pois calles non che hai.

- Pero y cuando recibe la factura de la luz, ¿Qué le pone el sobre?

- O nombre, e ben que me fode que xa sen que me toca pagar e min. E si me preguntas pola direción, o que me pon é o número da casa. E con eso mándanme hasta os paquetes do Amazon, esí que...

- ¿Y si le pongo de calle Torés?

- Ai non, vaite vindo pro outro lado que entonces a fibra pouco máis che me vai dar tela que non.

- Pues señorita... Yo...

- ...Pois... filla, xa te chamarein logo cando nos poñan as calles.

E tras unhos saludos bien cordiales colgámonos. Ela en Madrí ll´eu en Cezures, ou en Sezures. Levámoche bien tempo vivindo eiquí e nunca caeramos na conta de que nos facían falta as calles pre que nos traigan a fibra ó medio rural.

Conteinllo ó vecín que tamén é un chaval novo e xa me dixo que non podemos esperar que nos veña a fibra, o único polo que poderemos esperar é porque nos veña a freba na matanza. Manda carallo.



680 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page