top of page
Foto del escritorLeiras e Marcos

"Marcho estudiar"

Actualizado: 23 sept 2020

A irmá vai ir para universidá.


Os libros da Rosi

Eu escuito muito ós papás falar con ela deso pero non entendo mui ben ese tipo de colegio. Dicen que dentro hai xente grande que aprende a ser, por ejemplo, profesora. Debe de ser divertido pero eu non o cambio polo que fago no cole. A universidá queda mui lejos, máis que cando imos ver ós primos que viven cerca do mar.

Ir para universidá quere decir muitas cousas na miña casa. Por ejemplo pasan muitas horas falando de cal será a mellor carreira, e dícenlle a miña irmá, a Rosi, que se faga médica ou que estudie as leyes. Eso e min paréceme ben porque si me poño malín ou me peleo pode axudarme. Pero a quen non lle senta tan ben o de que vaia é ó abuelo. O abuelo quería que miña irmá se quedara. Eu seino porque estes días véxoo muitas veces na corte das vacas mirando pras prisiois do ganado, e ten cara de pena. O abuelo pensa que se a irmá marcha a nosa casa se vai acabar, porque en canto os papás paren xa naide vai volver ter vacas, porque eu von ser estronauta. Enfádase muito e tamén se pon mui triste, todo á vez, igual que me pasa a min cando teño que parar de ver o Xabarín Club pre facer os deberes.


Casiñas en Ribeira de Piquín


Pídelle muito estes días a miña irmá que vaia con el buscar as vacas, limpar as herbas da horta ou dar paseos… eu penso que non é porque necesite axuda, o abuelo é un pillabán, creo que lle intenta pasar todo o cariño que leva dentro polo sitio no que vive. Eu xa lle digo que naide lle quere tanto a un sitio como miña irmá Rosi lle quere a este, pero el non me crei. O outro día expliquenlle ó abuelo o que me contou Rosi: que ela iba ser médica pre despois poder traballar curando ós nenos de Nogales, de Pedrafita e de Cervantes. Eu un pouquín tamén pensaba que ela quería marchar estudiar fóra pre olvidarse de nós e non volver, pero entendín que Rosi non é esí. Rosi solo quere saber muito pre cuidar mui ben da xente ca que medrou. A verdá é que ten suerte de que os papás e eu o entendamos, porque pre ela debe de ser mui difícil marchar e cambiar tanto de aires. Ojalá todos os papás que viven en pueblos parecidos ó meu lles dixesen ós seus fillos que estudien muito si é o que queren facer, sin medo de que se dediquen a cousas diferentes das que fixeron eles.


O Incio

Mañá von ir co abuelo mudar o pastor en acabando os deberes e vonlle contar esto outra vez. É que penso que ten que entender que a Rosi non vai acabar ca casa por non seguir facendo o que facían os papás e os abuelos. Teño que atopar o xeito de explicarlle que a casa e o pueblo se acabarían se a xente como a Rosi non quixese aprender máis pre volver e facer que os que aínda vivimos eiquí vivamos mellor.

356 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page