top of page
Foto del escritorLeiras e Marcos

Diario do regreso: Principios


Se busco Rural no Spotify non me sale ninguna canción capaz de acompañarme no momento; teño que poñer Forest ou Nature pra dar con algo que finalmente me satisfaga, inda que sexa a medias. O día levantou antes do esperado e eu puiden escapar pasear co Tesi. El parece que sempre vivise eiquí: corre por entre a lama, vai ver a cadela dos veciños e ladra coma se tuvese un dreito natural a velar polo sitio. Eu, pola contra, salio conocer o que me rodea coma pedindo un pequeno permiso. O lugar do que me sinto propietaria está ben kilómetros máis aló, en dirección Ancares. Non obstante, este aseméllaselle nas vacas pacendo nos prados que rodean o asfalto, na fala da xente ou no pitar da furgoneta da panadería.



Os pés arrefríanme nas botas de goma mentres penso qué máis podo contar que lle poda servir de axuda a alguén que, coma min, queira regresar ó medio rural tendo menos de trinta anos. Ó mellor o máis útil que podo dicir é que hai casas que non teñen calefacción, coma esta na que estou eu. Por eso, polas noites, convén acender un lume pra cenar ó quente. O caso é que meu pai me enseñou mil veces a facelo, pero nestes días deime conta de que, se non fose polas pastillas de encender, axearía. Se esperamos hasta este Marzo que trae a primavera adiantada pra vir pra aquí foi, precisamente, sabendo que non contabamos cunha caldeira de gasoil que puxese a vinte graos os radiadores.


A cobertura é outro dos episodios a mellorar. Descubrín que as casas de pedra son excelentes pra manter á raia o 4G, polo que fago e recibo todas as chamadas desde a misma ventana. Véxome coma unha cosmopolita na xaula, solo que non son da urbe e teño máis espacio exterior ca nunca.


Os principios, en definitiva, son coma as brasas do lume: onde solo se ve cinsa o que en verdade aluma é o sustento das lapas. Os principios hai que facelos, hai que quentalos, hai que terlles a paciencia de velalos cando inda son pouco máis có lume do chisqueiro. Os principios non abrigan e afuman e por veces apagan se non se lles sopla algo de alento. Máis… muitos principios pequenos xuntos acaban por facer un braseiro quen de levar o primeiro garabullo. E dise garabullo faise nova brasa, que é quen de ir comendo canta leña (seca) se lle bote.


Malia todo, mirando pra lareira acesa, quen me acompaña dixo:

- Muito pode o lume.

Dixen eu:

- E nos poderemos tanto?

Lle dixo de novo:

- Habemos poder o que queiramos.


E deso se trata: de regresar porque queremos e porque cremos.

217 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comentários


bottom of page