A Asociación Cultural Abrente celebrou o sábado 29 de Decembro o seu terceiro festival de baile, música e teatro. Manda carallo, estes andan a todo! Ademáis celebraron tamén os dez anos que levan xuntándose os sábados para ensaiar e os vraos para ir de churrascos.
Aló polo principio de Decembro Leiras e Marcos foi avisado de que o Centro Sociocultural de As Nogais tiña luz ata as tantas; tempo faltou para achegar as orellas por alá, non houbo xeada que tornase.
Falar falaban baixiño, coma se gardasen un secreto, pero rir tamén se rían ben, para os informantes era todo algo confuso. Entraban para alá á media tarde e saían xa de noite, algunhos para a casa e outros directos á cantina tomar unhos ponches (voz non debían de quedar con ningunha). Foron pasando as noites e ocurriu algo completamente inesperado: empezaron a mover os muebles todos que atopaban. Aquelo parecía o ruxido que fan os ratos cando andan nas noces que están a secar. Ris prá aquí, ris pra alá; golpe dun lado, golpe do outro. Vaia dor de cabeza! Canto máis miraba Leiras e Marcos de esguello máis cabezas a maior velocidade vía pasar.
O peor foi a tarde antes do día 29. Daquela deulles por limpiar, e deberon quedar con fame porque alá foron os feirantes e fixeron unha pota (desas grandes da malla) cheíña de chocolate. E non vos quedou ahí: había feixós (sí, eso que non son as filloas), torrijas e churros! Xa poden bailar e moverse "con salero"...
O 29 Leiras e Marcos puxo as gafas de ver ó lejos e ó cerca e alá se presentou cun camuflaje mellor có dos cazadores. Aquelo non vos foi de broma, parecía a feira de ano! Entraba xente igual que si sorteasen un xamón. Negros nos vimos para dar collido todos, alí faltaban solamente Feijoo, a Leti e o Filipe. Apagáronnos as luces (que iso non cho fan xa nin no cine) e aló se foron presentando pelexos ben distintos, cada cal millor co anterior!
Como observadores imparciais que son os observadores de Leiras e Marcos temos que dicir que non houbo algo que gustase máis ca outra cousa: os bailes, a música e o teatro estaban ben, pero ben feitiños! Aínda así conquistáronnos especialmente unha recua de pequenos que saliron aturuxando, ata nos caeu unha lagrimiña de pensar no bonito que debe ser saber, con cinco anos, cómo se salta nunha muiñeira.
A próxima vez que vaiamos, que non nos quedou dúbida de que habemos de repetir (d´hoxe nun ano!) imos pasar antes polo súper para comprar un rollo de papel de a metro: do que nos rimos non nos chegaban os panos de fungar que levabamos. Menos mal que ó final saliron aqueles comediantes falar cos centos de persoas que esperaba fóra, porque se non ata se podía pensar que eran actrices e actores da TVG... pero sen Gaioso polo medio, non vos asustedes!
Soamente nos queda por avisar ó gran Roberto Vilar (Tonecho para os amigos) de que se vaia con tiento, que estes pegan forte e a pouco que se poñan bárrenlle a xente toda.
Noraboa, Abrente!
Comments