Esta mañá fai algo de frío, díxome a mamá que chovía e que facía aire. Qué ben, seguro que así podo estrenar as botas novas para ir ó cole. Comprámolas nunha tienda de zapatos en Becerreá, son así como medio brillantes, de color morado. É que o morado, o color do viño, é o meu favorito. Almorcei unha taza de leite con galletas do Príncipe. A mamá sempre me dice que hai que comer plátano tamén, qué pesada, si como o plátano maréome no autobús. É que eu teño que coller o autobús pre ir ó cole, como fan a maioría dos meus amigos. Hai algunhos nenos que son de Nogales e poden subir andando, pero non me dan envidia, porque seguro que eles non se libran de comer a fruta. Pre chegar ó autobús a mamá lévame sempre no coche: é que hai algo de lama e si mancho os zapatos despois deixamos a clase feita un cristo. Ela marcha traballar (é que é ingeniera e non traballa na casa) e eu boto a patiña ás escaleiras do bus e... plim! Arriba!
O que máis me gusta do meu cole é subir a costiña que ten, porque pasas por un jardín de castiñeiros de indias, despois veis os rosales e a pista de xogar e, ó final, ves por fin o cole: enorme, rosa, cas ventanas cheas de dibujos.
Cando entrei había un ruxido do demo. Dixéronme onte que eramos cincuenta en todo o colegio pero eu penso que, polo menos, somos douscentos trinta e tres. A ventaja de ser poucos e parecer muitos é que atopas mui fácil os teus amigos ó chegar. Ás nove e media sona o timbre e temos que subir á clase. Bueno, eu subo porque xa estón en cuarto, os pequechos quedan abaixo. A nosa clase é a máis bonita do mundo. A verdá é que como compartimos clase os de cuarto, quinto e sexto facemos muitas cousas bonitas que nos enseñan os maiores. Por ejemplo ahora os de sexto están aprendendo o ciclo da auga e nos aprendémolo de paso. É que o noso profe é o mellor: facemos murales, salimos fóra aprender, plantamos semillas, preparamos teatros, tráenos muitos libros, lévanos á biblioteca... eu creo que vive no colegio, porque cando marchamos queda eiquí e cando chegamos pola mañá xa anda furgando na clase.
Hoxe aprendemos matemáticas e lengua antes do recreo, e eu acabén unhas fichas que tiña no caixón. Ai! O recreo!! Temos unha liga de fútbol. Levan os maiores os puntos, lleu penso que suman algo raro, pero bueno... eu son defensa, e dicen que non o fago nada mal. A min o que me gusta é escuitar o ruido que facemos ó xogar. É que compartimos o patio: a mitá pros os maiores e a mitá pros pequeniños. Si escuitas oes de todo: Pasa eiquí! Profe, non me deixan xogar! Trouxeche hoxe o tractor? Xogamos ás tiendas? Non me deixedes solo na portería, ladrois! E así.
O mellor do mundo é o comedor. Sentámonos en mesas mezcladas: sempre hai un neno de cada curso. Ós pequechos hai que cortarlles a veces a carne, pero compensa polas risas que te botas con eles. Os de sexto son cabeceiras e recóllennos a mesa e póñennos a comida e o pan. Eu quero ser cabeceira e á vez non quero, porque se está tan ben tranquilo... pero eles parece que o pasan ben! Os profes tamén comen con nós e a veces dícennos que hai que falar máis baixín, pero déixannos rirnos e facer bromas. No segundo recreo non pudemos salir ó patio porque chovía muito¸ así que quedamos dentro e xogamos cas cousas de gimnasia e cas carretillas dos de infantil. Despois na clase estuvemos facendo sal de colores en plástica e escuitamos Las cuatro estaciones e tocamos o xilófono en música.
Eu hoxe non von pra casa, quédome a Judo e despois subo ca mamá no coche. Cando chegue teño que estudiar Lengua. A ver si non se fai de noite mui tarde e podo ir correr un pouco pola cortiña co Rolín. Bueno pero eso despois de ver o Xabarín Clú, que está Songoku a punto de matar a Vegeta.
Hoxe escuitenlle a un maior que daba gusto ver tantos nenos salir do colegio, que era unha pena que non se soubese o ben que se fan as cousas nas escuelas dos pueblos. Creo que pensaba que un día non vai haber nenos neste cole, pero eso é imposible porque calquera que nos conte xa vei que hai douscentos trinta e tres. Ademáis, nós temos os mellores profes do mundo, seguro que todos querían vir.
Sabedes que von ser eu de maior? Profe, pre poder dar clase neste cole, que xa haberá daquela cincocentos vintecinco nenos.
Comments