Eu non suelo presentarme porque o único sitio ó que von é o centro médico, e alí xa me conoce a rapaciña esa tan guapa do teléfono que me dá as citas cando salgo. Von ver a Don Manuel así cada quince días porque si non cámbianme as pastillas e en vez do Sintrón danme calquera morralla por ahí, e eu ou tomo do bon ou non tomo nada.
O caso é que son Florinda, Florinda da casa de baixo pre ser exactos, que despois confúndenme ca comadre do pueblo do lado e non somos as mismas, nin parecidas! A algunha festa fomos d´acabalo da misma bestia pero máis nada compartimos (e menos os mozos, eso jamás en la vida). Bueno, que son de falar pouco. Pasoume que o martes despois de ver a novela esa tan bonita da Gallega salín ver a Remedios, fai ben tempo xa que non sale da casa. Non che me extraña, con estas xeadas esmoreceume hasta o pirixil. Pois Remedios estaba ben, tras do lume na cociña (sempre foi a lista do pueblo). Sacou a fada unhos pocillos de Sansón e ala, venga, dalle que dalle. Falar nada, falar nos de naide. E alá que se nos apeteceu botarlle un Tute, pero de a catro, que de a dous lévolle a vez á Remedios e despois o Sansón teño que compralo eu.
Pois, oes, faltábannos dous pre xogar. Chamamos á casa de Ramón, que ise sempre xoga e bota unhas señales ben boas. Chama chama lle o condenido que non collía. Ata que a Remedios se acordou, cómo che estón, que o Ramón marchou pra Coruña despois de quedar solo na casa. Lévenos Dios.
Marcámoslle logo á casa da Diviges, que ela xogar non xoga pero polo menos fala. Chama chama e a Diviges que non collía. E disto deime conta xa eu, que fará unhos meses a Diviges dixo que ela non podía vivir sin xente ca que falar. Colleu por Setiembre a maleta ca que fora pre Cuba e alistouse no arsilo. Disque eilí fai manualidades. Eu ata lle marcaba á casa de Carme, pre ver si tiña os netos por eilí e viñan. Cómo son os pequenos, métenlle a unha unha alegría no corpo... vaia gusto. Oilos berrar na aira e ata parece que haxa xente no pueblo. E xa non marquei porque os netiños da Carme medraron e marcharon pro Madrí. Que a qué? Non sen. Disque a traballar pero mui ben non che deben de andar, que de vrau en vrau veñen e cada vez traen a cara con máis pena nela.
E así nos quedamos a Remedios e eu. Sin botar o Tute. Pensando diante do Sansón que igual non facía falta comprar muitas botellas a partir de ahora. Que cunha pro mes amañamos pras dúas.
Total, xente que veña bebela non hai.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2019/01/03/lugo-centro-marina-sostienen-declive-demografico-montana-interior-sur/0003_201901X3C3991.htm
podese contar o dolor que provoca o despoblamento de moitas formas. Nunca nadie mo contara dunha maneira tan gráfica, enfocado cun punto de humor. FELICIDADES A LEIRAS E MARCOS