top of page
Foto del escritorLeiras e Marcos

Téndere! 

Actualizado: 23 sept 2020

San Valentín, San Valentín. San Problemín. Fai unhos anos, por estas fechas, presenteinlle o meu primeiro mozo a miña abuela. Bueno, en verdá presenteinllo a todas as personas da casa pero a conversación máis difícil foi a que tuven con ela. Dun xeito mui parecido a este empecén a falar, enchida de alegría e de orgullo. - Abuela este é Pedro! Qué gana tiña de que o conoceras! Xa verás qué ben che cai. Hasta ahí foi todo nomal. Ela sacoulle catro palabras a un Pedro que non sabía onde meterse de tanto que o miraba a xente e sentámonos a comer. Porque, equivocar podía equivocarme en muitas cousas, ahora que no de comer, non. Na miña cabeza, si comiamos entonces iba ser todo un éxito asegurado. En pasada a sopa do cocido á abuela volvéuselle soltar a lengua de novo. - E lou, como vos conocestes, Pedrín? - Bueno… ya nos conocíamos desde hacía tiempo… - Sí oh, pero coincidistes lou nalgún baile ou como foi? Ou sería pola amiga da miña neta que tamén vive en Lugo? - No…bueno… algo parecido, sí. - Non te estón entendendo muito, neno. - Es que yo no sé si usted conoce esto del Internet… es un poco complicado. La sopa, buenísima! - Conocio, conocio. O interné é onde poin as esquelas os da funeraria e onde mira a filla o tempo cando non escuito ben o que dicen na Primeira. Que ten que ver? A estas alturas eu xa estaba poñéndome do color da cachola que ibamos comer. Unha cousa era que miña abuela non se enterara da situación e outra era que o resto soubese que Pedro e eu nos conoceramos por Tinder. - Bueno es que en Internet hay una cosa que se llama aplicación, que sirve para hablar con gente y hay mucha gente diferente y bueno yo no es que hablase con todo el mundo pero en medio de eso me encontré a su nieta y bueno empezamos a hablar y … - Pero colle aire oh. - … Bueno, pues eso… - Osea que vos conocestes polo teléfono? - Algo así, sí. - Ajá. Miña abuela miroume de arriba para abaixo coma si eu fose una variedá rara de fabas que lle salira na horta, e díxome: - E lou, nena, como se conoce a alguien sin conocelo? - Bueno, abuela… Non é que non o conozcas. É como cando tu falas por teléfono cas amigas aquelas que fixeras na semana que pasache no Balneario. Tampouco as conoces, verdá? - Tampouco, pero non as traio comer á casa. - Xa abuela… - É como si eu lle digo ó rapacín ise que vén traer os congelados os Martes que se quede a comer. Paréceme que o conocemos do mismo. O pobre Pedro poñíase cada vez máis rojo de vergüenza, eu poñíame cada vez máis roja de enfado e a abuela iba perdendo pouco a pouco os seus colores habituales. - Abuela non sein que che deu. Ahora a vida é esí e a xente conócese desta maneira. Xa non temos tempo pre salir nin pre ir a bailes esí que hai que aproveitar os medios que temos pre conocer a outras personas! - E o mellor medio é o teléfono? De verdá me estás dicindo que non hai bastante xente no mundo pre ver en persona que tu teis que ir buscala ás Páginas Amarillas? - Eu busco onde me dá a gana!!! E non eran as páginas amarillas que era o Tinder!!!! Meu irmau (que sí que entende ben esto do Tinder) esporretou a sopa que aínda non acabara no medio e medio da cachola servida. Miña abuela, en vendo a situación, lanzou a pregunta final: - E lou, pre qué vale eso do Téndere? - … Abuela o Tinder é coma ir a un baile. - Xa, un guateque. - Eso. - Lle tamén terás problemas pre elegir o millor bailador, ou? - No… elegir é bastante fácil. - Ajá. Lle supoño lou, xa que é coma un guateque, que falarás cas amigas do que veis, ou? - Non… decides tu sola. - Ah. Lle o rapáz que vén sacarte beilar xa te conocerá doutros guateques. - Bueno…cada día atopas xente nova. - Claro. E tu o día que parache de buscar, vaia por Dios, que che tocou iste. - … Acabamos de comer e marchamos por patas. Miña abuela nin siquiera abrazou a Pedro, pero díxolle o siguiente: - Tentado te verás de volver, téndere! Non creo que Pedro soubese o que encerraba aquel “Téndere!” pero o mensaje encuberto sí que o entendeu: tras aquela comida desapareceu con viento ligero da miña vida. Anos despois había de presentarlle a miña abuela a outro mozo. A un que conocera fóra das Páginas Amarillas. Ela, que sempre dice que anda mui “desmamoriada”, o primeiro que lle preguntou foi: - Tu sabes o que é o Téndere? Ó que él lle respondeu: - É o que se lles berra ás vacas pre que arrecauden e se guíen mellor! E miña abuela mirou pre min, riuse, e abrazouse a aquel rapaz coma si pre sempre lle fora da casa, mentras me decía: - Ai! Iste non mo vaias levar!

392 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page