top of page
Foto del escritorLeiras e Marcos

No supermercado ca abuela

Actualizado: 23 sept 2020

O día trinta e un pola mañá fun ó supermercado ca abuela. Saliu esí de improviso, ela iba pra peluquería (porque é muller de coller o ano novo ca permanente feita) lleu tiña que facer as encargas pro menú da noite. Foime embeleñando, embeleñando pre que a esperase e esí poder vir comigo despois. Non cabe duda de que fomos a un super-mercado, é decir: a un mercado grande. A un que está muito de moda ahora lle que ten as letras verdes, pre máis señas.

Aparcamos o coche no parquin e a abuela, antes de baixar, xa me deixou claro que había que acabar axiña pre volver e darlles a tempo de comer ós cais. É esí, unha muller de prisas. E con prisa entrou, coma se fose apagar un lume. Pasa que non debía esperar un sitio tan grande, porque estando na entrada preguntoulle á primeira persona que viu con uniforme onde estaban as madeixas de tripas.


- Que non, abuela…que este súper non é dises…

- Pois lou de cales é?




Pre cambiar algo de tema díxenlle que había que ir coller queixos de cabra e iogures. Puxo o piloto automático de preguntar (porque pre qué vai ler ela o letreiro de “Lácteos”?) e plantouse diante do queixo.


- Nena… Pero lle dise queixo que vén das queixeiras de Fonfría non tein.

- No abuela…eiquí teñen un mui bon dos Pirineos.

- Empezámosche ben…



Queixos Torre (Pedrafita)

Metemos o rulo a regañadientes no carro e tiramos pra carne.

- Pero lle carne pre qué vas levar? Temos media ceba do ano pasado sin comer lla diste ano no secadeiro e tu queres comprar carne?

- Abuela… é que necesitamos unhas lonchas de pavo…

- Vaia pataqueiradas que teis. O pavo ise é o que botan ás salchichas dos cais, que mo dixo Remedios o outro día. Inda si compraras unhas chuletas coma as que ten o da carnicería de As Nogais, pero pavo…



Lote de carne da Cooperativa A Carqueixa

Pouco nos faltaba xa pre ir acabando, solo o marisco llo pan.

- Mira, abuela, estiano imos facer pulpo. Apetéceche?

- Ai sí nena, apitece. Pero lle como facemos? O pulpeiro vén pro tres a Becerreá, non chega a tempo!

- No, ise non. Pero, velo? Eiquí teino congelado.

- Xa… llos cachelos, llo viño tamén o congelan con il, ou?


Pulpeiras traballando

O pulpo levámolo pero veu botando de cuentas que había que facer outro botelo máis porque iba estar coma o chicle e iba quedar todo nos platos. Inocente de min, pensaba que me quedaba o máis fácil: coller o pan. Xa lles estaba escribindo un WhatsApp ós da casa decindo que non fora tan difícil.


- Bueno abuela, lle que pan levamos? Mira hai de centeu, de espelta, de millo, de trigo, de…

- Lle de mezcla tein?

- Dise creo que non…

- Pois eu ó panadeiro que nos vén á porta da casa é o que lle compro.

- Xa abu pero dise eiquí non hai. Mira a ver, iste, parece un bolo dos da casa, verdá?

- Sí…parece esí dises que quedan barrolentos no fondeiro da artesa…

- Bueno, abuela…

- Nena, qué? Non sein pre que vimos eiquí, esí cho digo. Non viche como vein as lechugas? Non tein nin terra. Llas mazás? Tu no árbol veis mazás que brillen esí come estas, ou?... Lle por nos non teño pena, que ista noite hemos cenar ben que hai chorizos novos. Pero lle esta xente toda? Había un que lle vin coller un roscón que non o adentra nin un can morto de fame. Había de velos o Richy da panadería. E min esto dácheme muita pena.


Panadería Ricardo (As Nogais)

Fomos indo pra caixa… Ela reposta da pena lleu cada vez máis desorientada porque, no fondo, a abuela tiña razón na maior parte das cousas (menos no do queixo). Pagamos lle salimos buscar o coche.


- Nena! Por ei non é, vas ó revés de todo, deixamos o coche pro outro lado!

- Caramba, abuela, vaia ben que te orientas no parquin!

- Oriento, oriento… Estes cachiños dos coches sonche coma as latiñas de terra que temos por elí. Lle por mui pequena que seia a túa lata de terra, non te olvidas nunca de onde a teis! Porque nila inda che collen unas cuantas plantas de lechugas con terra lle unos pumares de mazás con bicho. Ala, abre, que temos os cais esperando pre comerche o pavo ise que levas ei.

353 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Téndere! 

Comments


bottom of page