A xente maior está algo rara. O outro día, fai algo esí coma media semana, pregunteinlle á mamá se algunha vez pasara esto que pasa estes días. Esto que aínda non acabei ben de entender. Díxome que non, que ela non se acordaba de ver algo parecido. Despois fun onda a abuela preguntar o mismo, porque ela é tan velliña que xa viu todo no mundo, pero ela tampouco pasara nunca por unha cousa coma esta.
No cole explicáronnos esto do Coronavirus. O profe púxonos unhos dibujos no encerado lle contounos muitas cousas interesantes, anque o mellor de todo foi o das maus. Dixéronnos que o mellor que podemos facer pre non poñer maliña á xente que nos rodea é lavarnos muito, casi coma si fora vrao e estuveramos a diario metidos na piscina. Lavar as maus é una ciencia, eso decía o profe: por entre os dediños, polas uñas, polas palmas,… Cando cheguein á casa ensiñenlle a facelo á abuela, pre que esí ela non vaia facer coma min e as lave meténdoas a gallope baixo do grifo.
O que máis medo me dá deste virus é que polo visto eu son a que máis pode contagiar na casa. Bueno, contagia máis meu hermao porque é aínda máis pequenín. Ahora vai haber muitas cousas que non podamos facer, pero a pior vai ser non poder compartir os helados. Porque sabe Dios canto durará esto, igual hasta o vrao sigue, ou hasta o inverno que vén, ou hasta que eu vaia ó instituto, ou,…
Escribo todo esto porque é importante pre entender o que vai pasar no meu pueblo. Estón algo nerviosa. Bueno, o papá dice que estón acelerada coma unha moto. O que pasa é que se vei que na ciudá hai tanto virus que se pegou ás portas das casas, lle xa non poden nin salir sin tocarlle. Entonces unhas personas que vivían elí veinse pr´aiquí.
Eu estaba algo preocupada porque si vein estando mal lle despois nos contagiamos pois entonces esto non se vai acabar nunca.
Vein pro exilio dixo a abuela. Eu pregunteinlle por qué, e ela díxome:
- Ai nena…e logo e ti che parece que xente que na súa vida estuvo eiquí se ha adatar ahora á vida esta?
Ó que a mamá lle dixo:
- Pois e min non me preocupa que veña a xente, porque todo o mundo pode aprender a vivir eiquí. O que me preocupa é que veñan ahora, ahora que se tiñan que quedar na casa. Que veñan despois cando pase todo e non haxa riesgo de que contagien á xente maior. O rural vai estar eiquí sempre.
Comments