top of page
Foto del escritorLeiras e Marcos

MEDIDAS CAUTELARES ANTE A MARUXÍA NA MONTAÑA

Actualizado: 23 sept 2020

1. RELATIVO ÓS MARCOS. Recoméndase poñerlle a cada marco un arado a modo de ancla pre que non suban a medida que vaia subindo o nivel do mar.

Negueira de Muñiz

2. SOBRE AS PATACAS. Aconsellamos palear unhas cuantas carretillas de terra ó forno do pan e botar as xendras elí dentro. Quenes pensastes que xa estábamos en Junio e xa as tedes botadas ide xogando ó Buscaminas no que vos queda de domingo.

3. OS ALCOLITOS. Deixádeos que afoguen ben. Con suerte cando suba o mar e veña o calor ha de quecer a auga e xa ten Galicia e Portugal fervuros pro catarro.


Alcolitos diante dos Ancares

4. OS FRÉXOLES. Acórdase que o mellor sitio pre que vaian subindo será o Tellado das casas: solariego, enxuito e libre dos corvos.



5. SOBRE DO GANADO. Establécense dúas soluciois: pre aqueles máis atrevidos recoméndase pedir o ingreso nas cooperativas que teñan os prados ó nivel do Cebreiro ou Piornedo. Pros da vella escuela: collei as vacas e facede transhumancia cara Sevilla.


Castelo de Doiras (Cervantes)

6. SOBRE DA ACONOMÍA. Establécense as siguientes actividades de beneficio económico:

a. Pesca de altura. Á altura máis ou menos do Puerto de Ancares han de aparecer os primeiros bacalaus.

b. Marisqueo de baixura. Baixo das pedras que non se encharquen han de quedar miñocas.

c. Marisqueo de llano. Nos prados dos altos (Pintinidoira é bon sitio) poñeranse as primeiras bateas pre probar si os mejillois medran como medran os marraus.


124 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page