Todos os recuerdos da miña vida están sembrados de velliñas e velliños. A velliña do pueblo de meu pai que estaba sempre sentada na porta da súa casa oxando as moscas. O velliño do pueblo de miña mai que de agachado que andaba casi tocaba o suelo. Os velliños do centro de salú que sempre van morrer dese día nun ano. Os que, de matanza en matanza xogan mellor aínda ó tute. As velliñas que me teceron calcetís de lá...
Póblanme os maiores como si fosen arboliños; medrén con eles e han de vir comigo tanto como eu viaxe. De todas esas personas aprendín, se cuadra, a leción máis importante da miña vida: vivindo apréndese a vivir.
Sempre me preguntén como podía aquela xente maior ser tan eterna. A revista GCiencia publicou ( https://www.gciencia.com/tribuna/lonxevidade-zonas-azuis/ ) que había unhos secretos pre vivir muitos anos.
Ca miña juventú nas maus e grandes deseos de saber fun falar con estes velliños dos meus recuerdos pre que me explicasen se era verdá ou non o que os científicos descubriron.
1. A actividade física
María (87 anos) baixa todas as tardes á leira na que plantan a vianda de darlles ós cochos. Cos brazos en xarras mira prós nabos e decide cal será o máis gordo pre subir prá casa. O neto vai detrás co carretón da bicicleta cheo pero ela… ela sube o seu hasta chegar ó maseiro dos cochos. E, como dice ela: “Que hen de facer logo? Mirar a tevelisión?”
2. Ter un “Ikigai”
O Ikigai é a razón pola que nos levantamos cada mañá.
José (80) levántase todas as mañás ás seis. Almorza viño quente e torrezo asado e marcha pró monte ver as vacas que lle durmen elí. A veces chega e aínda bota un sono encima dunhas empacas de herba seca que ten no alpendre do monte; outras séntase no prado a mirarlles pola fresca. O seu Ikigai non é que lle medre o rabaño, como eu pensaba: “Eu o único que quero é ter este monte cuidado pre que non me arda, se non me foran as vacas xa estaba todo a xestas”.
3. Redución da tensión
En dando o tempo na Primeira, Dolores (77), Segismunda (81) e Videlina (85) collen as bolsas nas que gardan a lá e van prá sombra dos castiñeiros. Non importa o que tecen senon que interrumpen a súa rutina pre falar cas amigas.“Vosoutras ides ás discotecas e nosoutras esfolamos no filandón ós mozos que botades!”, afirma Segismunda chea de razón. Calquera lla quita.
4. “Hara hachi bu”
Confucio dixo esto que vén querendo decir “deixar un cacho vacío na barriga pre non comer hasta reventar”. Desto controla muito Isolina (92) que polas noites solamente come una tortilla francesa, de huevos da casa, pre irse lixeira prá cama. Ahora bien… antes de adormecer saca a tableta de chicolate que ten na mesita de noite e come dúas ou tres onzas.
5. Alcohol
Disque a bebida moderada é boa prá salú, e por eso Carmiña (96) desmedia o vaso de viño ó xantar e, ás veces, tamén á noite. Cando lle dicen na casa que non se pase, ela míraos con cara de quen ten mundo e dícelles: “Mirai pola vosa salú que e min quédanme dous días co de antonte”. Rumoréase que xa decía eso ó pouco de casarse.
6. Os vínculos
Falar, falar, falar e quererse.
Paco (86) ten un guirigolo na aira desde o que vei todo o pueblo. Cos prismáticos vai repasando os camiños todos pre ver quen pasa e, si é alguien a quen lle queira ben, non duda en berrarlle pre preguntarlle calquera cousa: polo do butano, polas cartas ou polos de Barzalona. O que máis mira Paco é si chega o fin de semana pre ver subir o coche dos fillos. Véñenlle todos: fillos, xenros e noras e todas as netiñas e netiños que ten ahora. “Si eles non seguiran vindo eu tería marchado pró arsilo, pero sempre llelo dixemos cando eran pequenos: que esta iba ser sempre a súa casa… e teño a suerte de que o sigan pensando.”
Quen quere aprender aprende de todo o que vei, pero os nosos maiores son un dos mellores libros pre ler.
Abride e vivide canto libro destes teñades á mau.
コメント